Celebramos o Modo Galego cunha foliada – Barouta 2025

Despois de catro semanas chegamos ao final do programa MODO GALEGO, ACTÍVAO!

Celebrámolo cunha FOLIADA que compartimos coas MAIANAS e con toda a comunidade educativa. Estas cantareiras de Ames compuxeron o tema “Falo Galego” e ensináronnos a todas os puntos do baile e a cantiga.

Foi marabilloso compartir con elas a FOLIADA MGA. Como EDLG, queremos agradecer o esforzo do alumnado por acadar os retos cada día, ás familias polo seu apoio durante o programa e ao profesorado de Barouta pola motivación e por facerlles chegar ás nenas e nenos a importancia de activar o modo galego para que a nosa lingua non esmoreza.

Moitas grazas e ata o vindeiro ano!!!

Ver álbum de Imaxes

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.