O martes 21 de novembro, con motivo das actividades que estamos facendo relacionadas co 25 N, recibimos a visita da asociación Xanela.
O alumnado de 5º e 6º asistiu a unha charla obradoiro relacionada cos tipos de violencia machista partindo dos esterotipos que podemos atopar.
Falamos de todo tipo de violencias e centrámonos en concreto naquela que se da nas relacións afectivas ou de parella a través de diferentes comportamentos de aillamento, control, desvalorización, etc…