Onte tivemos unha charla con María e Sandra. Dúas mulleres activistas que coñecen a realidade do pobo palestino e que nos contaron as súas experiencias.
Para entender a loita do pobo palestino hai que coñecer a historia, xa que o acoso que sufren non é algo actual e ven de décadas atrás.
Aínda que a historia é anterior, partimos da resolución 181 da ONU (1947) , ata chegar ao que acontece nos nosos días.
María é xornalista e estivo en territoro palestino onde observou o trato discriminatorio e violento recibido polos palestinos por parte das autoridades e a poboación israelí.
Sandra foi unha das integrantes da Global Sumud Flotilla que loitou por facer visible o sufrimento do pobo palestino e que coa súa enerxía nos amosou como foi a loita das e dos integrantes da Flotilla.
As súas vivencias e relatos fannos entender aínda máis polo que está pasando o pobo palestino e solidarizarnos con el, e en especial coa infancia, que está sufrindo as consecuencias dun conflicto armado que se estende durante décadas.
Referencias:











Grazas pola oportunidade de escoitar tan de preto a vivencia de quen está a loitar polos dereitos humanos e pola paz en primeira liña. Sen imposturas, nin discursos sensacionalistas, senón de mulleres honestas, e valentes que, ao mesmo tempo, nos aseguraron que as pequenas cousas que outras intentamos facer no día a día tamén axudan, tamén se ven e se notan, e que todo suma. Así que moita forza e avante na educación para a paz, e para nos animar a non decaer. Sirva tamén a última mensaxe de Jane Goodall, mensaxeira da Paz da ONU, na mesma liña que dicían Sandra e María: cada día facemos escollas que marcan a diferencia: https://janegoodall.es/mensaje-de-la-dra-jane-goodall-en-el-dia-de-la-paz/
Grazas