Benqueridas familias.
Chegamos ao fin da nosa andaina neste curso 2024-2025, pero a viaxe en Barouta non rematou e seguiremos o vindeiro curso.
Para despedirnos con bo sabor de boca e diversión en compañía de tódalas familias, facemos a nosa Romaría á que estades todos e todas convidadas.
Romaría Barouta 2025
Este curso que deixamos atrás, foi un curso de Paparouta, de coñecer a outros colexios e outras culturas (Coñexión Atlántica e Jean Monnet) de estanque e natureza (Probleu e ReGo!), de activar o galego, de moita creatividade e imaxinación (Petiscapp), …
Museo Barouta 2025
Mañá, todo o nos alumnado vai recibir o informe individualizado para entregar na casa, e o luns recibiredes as notas a través de Abalar.
Informe trimestral familias
Dende o Claustro e o persoal do CEIP de Barouta, dámosvos o noso agradecemento por estar ahí.
Escola aberta e participativa
E por deixarnos compartir tan bos momentos coas vosas crianzas. Momentos e experiencias que quixemos compartir con vós.
Bitácoras
Mañá a desfrutar da romaría, e logo a recuperar máis forzas para seguir o camiño da nosa viaxe.
Referencias:
- Vídeos.
- Podcasts e audios.
- Imaxes.
- PDI.
- Jean Monnet.
- Probleu.
- Proxectos.
- Igualdade.
- … e máis cousas en www.ceipdebarouta.gal