No último chocolate que tivemos, quixemos achegar ás familias as pautas da metodoloxía de traballo por proxectos que facemos en Barouta.
Tódalas familias estiveron convidadas e Arenaria Coordinación, explicounos en que consiste o traballo por proxectos a través dunha pequena parte teórica e dun obradoiro.
Este curso estamos a centrarnos principalmente no traballo por proxectos orientado a ambientes de aprendizaxe, como por exemplo o “Proxecto Estanque” dentro do programa ProBleu.
O papel das familias neste tipo de aprendizaxe é fundamental como unha parte máis do proceso. De aí a importancia da súa implicación e de entender porque traballamos así.
Aquí vos deixamos unhas imaxes para que vos animedes a asistir no próximo chocolate que teremos. Estade atentas e atentos ao convite.
Referencias:




