Únete ao Clube de Lectura para familias “As Malas Mulleres”
Sabiades que unha vez ao mes celebramos encontros do clube de lectura para familias? Sen presións, ao teu propio ritmo, para desfrutar dun tempo de reflexión e conversa sobre unha temática común.
Comezamos agora coa primeira xuntanza para debater sobre o libro “Non penses nun elefante rosa” da autora Antía Yáñez.
Por que participar? Aquí tes algunhas razóns:
- Escollémos os libros entre todas as persoas que participan, para que sexan de interese.
- Fomentamos a creación de comunidade entre as familias.
- Aberto a todas as persoas interesadas.
- Ofrecemos servizo de ludoteca durante os encontros para facilitar a conciliación.
Animámosvos a vir e probar!
Xoves, 25 de xaneiro, ás 16:30h no CEIP Barouta.
Referencias.