Colaboración do CEIP de Barouta con ASANOG – Agasallo dun coxín.

Hoxe o alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria realizou a entrega dos “Coxíns Solidarios” a persoal de Asanog. Cada neno e nena realizou persoalmente un coxín para regalarllo a un neno/a afectado/a pola enfermidade do cancro. As psicólogas de Asanog déronnos unha charla sobre esta enfermidade e resolveron moitas das dúbidas que tiña o alumnado. Agora só queda pensar noutras posibilidades de contribuír a que parte do noso traballo repercuta nun ben social, sobre todo en contornas desfavorecidas.

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.