Durante o curso, no Ambiente Cooperativo, traballamos o que son as colonias felinas e os dereitos dos animais.
Isto foi posible grazas a que varios gatiños empezaron a formar parte da Comunidade de Barouta.
Aproveitando a visita que as familias ides facer ao Museo Barouta (PDI 2026 “Son de Paz“), queremos pedirvos que colaboredes con nós, como parte da comunidade, no coidado da colonia.
En Barouta defendemos unha educación ecoloxista. O respecto, coidado e conservación do noso medio é unha premisa fundamental do noso centro. Facemos un aproveitamento do entorno natural no que está inmerso para coñecer e ampliar coñecementos e destrezas .
Poderás colaborar axudando na súa vacinación, e/ou apuntándote como voluntario/a para o seu coidado.
Esperámoste.


