COMISIÓNS DE TRABALLO 2026-2027 – Xuntas podemos chegar máis lonxe.
Tempo de lectura: 2 minutos. 

O CEIP de Barouta abre as súas comisións de traballo a toda a comunidade educativa. Se queres achegar ideas, tempo ou experiencia, este é o teu sitio.
Na nosa escola hai moitas persoas con ganas de facer cousas: profesorado, familias, persoal do centro, veciñanza, asociacións… Cada unha achega algo distinto, e cando xuntamos esas miradas conseguimos proxectos que ninguén podería sacar adiante en solitario.
Por iso funcionan no centro as comisións de traballo: grupos mixtos nos que docentes e persoas da comunidade educativa nos reunimos para pensar, organizar e levar á práctica iniciativas que melloran o día a día de todo o alumnado.
Este curso podes formar parte destas comisións:
* Patio e contorna: xogos do patio, horto e melloras dos espazos exteriores.
* Biblioteca: catalogación, préstamo, club de lectura e dinamización.
* Convivencia, Benestar: patios dinámicos, resolución de conflitos, benestar emocional.
* Igualdade:  coeducación e efemérides como o 25N ou o 8M.
* EDLG: dinamización da lingua e da cultura galegas.
* Festexos: organización e montaxe das nosas festas e celebracións.
* Comunicación: revista, web e canles de información coas familias.
Non fai falta ser experta nin experto en nada: abonda con ter ganas de colaborar. Cada persoa participa como pode, sexa nunha reunión, preparando materiais ou votando unha man nun evento concreto.
Traballar en común permítenos marcarnos obxectivos de maior calado, que van máis alá dunha actividade puntual e que repercuten en toda a comunidade educativa: unha escola máis inclusiva, máis igualitaria, máis coidada e máis aberta á súa contorna.
A Comisión de Igualdade, reunirase en breve para preparar as actividades do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Se te apuntas antes do 9 de novembro, convidarémoste a esa reunión.
Únete a unha comisión de traballo
Queremos contar contigo. Xuntas e xuntos avanzamos máis e mellor!

ÚNETE A UNHA COMISIÓN DE TRABALLO

DESCARGAR PDF

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.