Como publicar en CEIP de BAROUTA

Xa podes publicar o teu contido.
Simplemente lembra que debes ter en conta:

  1. O contido revisarase antes de publicar.
  2. Usa unha linguaxe correcta, igualitaria e inclusiva.
  3. Non uses datos persoais ou imaxes do alumnado ou de persoas que non deron a súa autorización para publicar.
  4. Se vas facer referencia ou usar algún material, ten en conta os dereito de autora ou autor.

Vas atopar este panel. Numeramos para que serve cada parte.

  1. Pon o título.
  2. Escribe o texto.
  3. Selecciona categorías.
  4. Insire unha imaxe (agora explicamos como)
  5. Envía para revisar.

Para engadir unha imaxe pulsa no botón:

E atoparaste coa Galería.

  1. Sube o teu propio ficheiro.
  2. A Biblioteca Multimedia recolle todas as imaxes xa subidas.- Comproba nas imaxes que xa están subidas se algunha che vale para inserir no artigo.

  1. Selecciona a imaxe que queres inserir. Quedará marchada con un “check” azul.
  2. Pulsa o botón de inserir no artigo.

E xa estaría, pero non esquezas darlle a “Enviar a revisión” (Punto 5 da primeira imaxe)

E agora, pecha sesión, non vaia ser que alguén aproveite para publicar por ti. Telo arriba á dereita.