Para o presente curso 2025-2026, o CEIP de Barouta presentou varios proxectos na convocatoria dos programas educativos que ofrece a Consellería, e poder intervir así en diversos ámbitos.
Dos catro programas aos que nos podemos presentar, fóronnos concedidos todos, dándolle así continuidade a proxectos xa desenvolvidos dende cursos anteriores:
- Proxectos de Inclusión Educativa (PIE):
- Mellora da Convivencia. Creación e xestión de estratexias e espazos de convivencia escolar.
- Promoción de benestar emocional. Desenvolvemento de terapias de SandPlay en varias sesións semanais.
- Innova-Lab:
- Mat-Lab. Proxecto de matemáticas manipulativas a nivel de centro.
- Sosti-Lab. Xestión de actividades e recursos que teñen que ver co entorno máis próximo dende unha visión ecoloxista.
Estes programas teñen unha dotación económica de 1.000 euros cada un.

