O concerto d@s Jaloch@s enmarcouse dentro das actividades de difusión cultural e educativa do Programa Jean Monnet – Erasmus+, ao promover o coñecemento intercultural e o diálogo entre diferentes tradicións musicais europeas e internacionais. A actividade constituíu unha viaxe cultural musical orientada á promoción da diversidade cultural, da inclusión, da cidadanía europea activa e do intercambio entre pobos e culturas, en consonancia cos obxectivos das Accións Jean Monnet da Unión Europea.
A actividade utilizou a música como ferramenta pedagóxica e intercultural para aproximar ao alumnado e ao público participante á diversidade cultural presente en Europa e noutras tradicións do mundo, favorecendo a comprensión mutua, o respecto á diversidade e os valores fundamentais da Unión Europea, consonte os principios recollidos nas Accións Jean Monnet do programa Erasmus+.
Referencias:
Financiado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados só comprometen á(s) súa(s) autora(s) ou autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser considerados responsables deles.


