Como sabedes este venres 28 de febreiro celébrase o Entroido en Barouta e desde a AFA vamos organizar un concurso de sobremesas típicas destas datas.
A QUEN VAI DIRIXIDO?
A toda a comunidade educativa de Barouta: nenas e nenos, nais e pais, avós e avoas, familias, profesorado,…
COMO PARTICIPAR?
Elaborando a túa sobremesa e entregándoa en Barouta o propio venres. Desde as 9:00 estaremos no colexio para recollelas e deixar todo organizado para a degustación e posterior votación.
Non serve mercala, trátase de facer unha receita tradicional en familia coas crianzas.
QUEN SERÁ O XURADO?
Todas e cada unha das persoas presentes no festival, tanto se eres profesorado, como se eres familia ou eres crianza, poderás probar as sobremesas e votar pola túa favorita.
PREMIO:
Haberá un recoñecemento para todas as persoas que participen e un premio especial para a sobremesa máis votada.
AGRACEDEMOS que acheguedes listaxe dos ingredientes utilizados para ter en conta en caso de posibles alerxias ou intolerancias alimentarias.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E A TRAER POSTO O DISFRACE PARA DESFRUTAR DO ENTROIDO!