Conmemoración do Día de Rosalía 2025 – Barouta

Onte, 24 de frebreiro conmemoramos o DÍA DE ROSALÍA.

Parte do alumnado de 4° fixo unha representación teatral, na biblioteca do colexio para todo o centro, do poema “Miña casiña, meu lar“, de Follas Novas. Escollemos dito poema porque se relaciona co PDI “Paparouta”, xa que nel unha señora prepara un delicioso caldo de gloria. Que vos aproveite tanto coma a nós!

Audio:

 

Ese mesmo alumnado de 4º, acudiu pola tarde á gala do Concello de Ames para homenaxear a Rosalía. Uxía Senlle e Santi Cribeiro interpretaron con todo o alumnado asistente “No Bico un cantar” poema de Curros Enríquez adicado a Rosalía.

Agradecementos: Nerea, Lara, Kata, Leo, Aitana, Breixo, Candela, Blanca, Raúl, Livia, María e Nábia. Á profe Iria por pór voz a Rosalía e ao tema Indosesta de Berrogüetto.

Ver Imaxes

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.