Celebrada a primeira xuntanza do Consello Escolar da Infancia de Barouta, as e os representantes de cada aula trasladaron as súas propostas, ao equipo directivo e a coordinadora de Igualdade Convivencia e Benestar.
A sesión transcurriu con normaldade e o alumnado amosou un comportamento digno de representantes da súa aula, expoñendo as propostas con serenidade e seriedade, respectando os turnos de palabra e un ton correcto nas intervencións.
Foron moitos os temas que se trataron, dende aqueles relacionados coa xestión dos espazos, ata outros máis específicos referidos a recursos e materiais, formas de traballar ou das relacións tanto entre iguais como cos adultos.
Deixámosvos aquí a acta da sesión elaborada polos representantes de 6º Curso.
Acta Consello Escolar Infancia 12122025
Referencias:







