Consello Escolar da Infancia Barouta – Primeria reunión 2025-2026
Consello Escolar da Infancia
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

O venres 12 de decembro  temos a primeria reunión do Consello Escolar da Infancia deste curso 2025-2026.

O Consello Escolar da Infancia é un órgano permanente e estable de consulta, representación e participación das nenas e nenos de Barouta.
Nel teñen presenza tódalas aulas a través de dous ou dúas representantes, que trasladan as inquedanzas, queixas e porpostas para tomar decisións de maneira democrática.

Obxectivos:

  • Crear un espazo de encontro, favorecendo a aceptación da diferencia entre iguais.
  • Crear e fomentar un espazo democrático, de participación activa.
  • Traballar dende os dereitos da infancia, dándolle prioridade e relevancia ás necesidades do alumnado.
  • Facilitar espazos e ferramentas para aprender e levar a cabo procesos participativos.
  • Traballar o espíritu crítico e constructivo atendendo á contorna máis próxima e ás decisións que nos afectan no día a día.
  • Traballar dende unha perspectiva de xénero, de igualdade e inclusiva.
  • Cumprir coa  Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN), adoptada por unanimidade pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas mediante a Resolución 44/25 do 20 de novembro de 1989, donde se recolle o dereito da infancia, entre outros, de expresar a opinión libremente.
  • Formar cidadáns do futuro como membros activos e participativos da sociedade.

Funcións:

  • Difundir intereses e preocupacións do alumnado.
  • Porpoñer iniciativas. Efectuar propostas de cambio e propoñer solucións alternativas.
  • Colaborar co resto de órganos e equipos do centro na toma de decisións.
  • Informar ao alumnado de tódalas propostas que lles afecten.

Referencia:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.