APRAZADO! Construímos a Paz
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

Construímos pola Paz – Somos Escola
Prezadas familias, se a meteoroloxía nolo permite, o venres 30 de xaneiro, Día Escolar da non violencia e da Paz, a Comisión Mixta de Contorna da nosa escola convida a nos achegar ao patio de Barouta e participar nunha xornada de convivio e colaborar na construción dun espazo de xogo, calma e encontro.
Será unha xornada en familia, ao aire libre, baseada na colaboración, a paz e o coidado da contorna, coa guía de Luís do Río.

🕒 Horario
* 🧺 Xantar de convivio: 14.00–15.00 h (pavillón cuberto)
* Construción: 15.00–18.00 h

👉 Rexístrate aquí para facilitar a organización da xornada e para recibir avisos ante calquera cambio pola meteoroloxía:
https://my.liberaforms.org/construimos-pola-paz—somos-escola

Achégate e bota unha man 🌱
Un proxecto feito por nós e coas nosas crianzas 💛

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.