Boas familias!
Despois do bo sabor de boca que nos deixou o alumnado de sexto de primaria coa representación da súa obra de Teatro Musical “Entre Planetas” , esta fin de semana ábrese de novo o telón!
Esta vez é o grupo de teatro de extraescolares do CEIP de Barouta quen nos fará desfrutar dunha marabillosa velada:
– Sábado 14 de xuño ás 16:00h na casa da cultura de Milladoiro.
– Domingo 15 de xuño ás 18:00h no centro social de Vedra.
Estarán moi ben acompañados polo grupo de Teatro de Vedra.
Qué boas actrices e actores temos en Barouta!
Entrada libre ata completar aforo.
Agardamos contar con vós!