Barouta, 2 de Xuño de 2025.
CONVOCATORIA ASEMBLEA ORDINARIA DA AFA BAROUTA:
Estimadas familias:
A xunta directiva da AFA Barouta, convoca ás familias do alumnado do CEIP de Barouta á asemblea ordinaria de final do curso 2024-2025.
DATA: Luns 9 de Xuño de 2025.
HORA: Ás 16:00h en primeira convocatoria e ás 16:30H en segunda convocatoria.
LUGAR: Biblioteca do CEIP de Barouta.
A orde do día será a seguinte:
• Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
• Resumo das actuacións da AFA ao longo do curso escolar.
• Estado das contas.
• Actividades extraescolares para o curso 2025-2026.
• Solicitude a Inspección Educativa de aumento da dotación de persoal para o CEIP de Barouta.
• Rogos e preguntas.
Para facilitar a asistencia, haberá servizo de monitorado durante o tempo que dure a asemblea.
Agardamos contar coa vosa asistencia.
Saúdos,
A Xunta Directiva da AFA Barouta.


