Deixamos de usar TokApp

Prezadas familias,

Querémosvos avisar de que a finais deste ano non renovaremos a licenza de TokApp School, polo que deixaremos de usar esta aplicación e comunicarémonos con vós pola App Abalar Móbil (que xa teredes instalada ou podedes instalar premendo aquí) e a través da páxina nova web (que vos animamos a que vos subscribades xa aquí)

MOTIVOS
Cando comezamos a usar TokAppSchool, hai xa case 8 anos, non existía unha ferramenta similar gratuíta ofrecida pola Xunta de Galicia. Nestes anos Abalar Móbil foi mellorando moito e TokAppShool foi incrementando o seu prezo. Neste momento, tendo a nova páxina web e contando coa aplicación coorporativa Abalar, entendemos que non hai xustificación para investir máis de 500€ no TokApp.

QUE FAGO AGORA?
1º.- Instala AbalarMóbil premendo aquí. Moitas/os de vós xa a estades usando, serve para enviar e recibir mensaxes, xustificar faltas, ver o calendario lectivo, solicitar titorías, etc

2º.- Subscríbete á Nova Páxina Web premendo aquí. Así notificarémosche sempre que haxa unha nova publicación ou anuncio, para que non te perdas ningunha actividade ou noticia. Tamén che recomendamos que deixes o teu correo dándote de alta no Bolétin ou NewsLetter, e recibirás esta información por e-mail. Pódelo facer premendo aquí.

3º.- Instala o Calendario de Actividades e Eventos premendo aquí. Así poderaste anticipar e saber de todas as actividades, conmemoracións e eventos que haxa no CEIP de Barouta

E como sempre, seguen dispoñibles os teléfonos de contacto do Cento que podes ver aquí, así como os correos electrónicos do profesorado que podes atopar aquí.

Quedan case 2 meses, pero aconsellámosvos que fagades este cambio o antes posible!

Grazas pola vosa colaboración!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.