Ola familias!
Benvidas a un novo ano que desexamos veña cargado de saúde para todas e tamén cheo de novas oportunidades para disfrutar xuntas vendo ás nosas crianzas medrar en liberdade.
Queríamos, antes de nada, darvos as grazas porque fostes moitas as familias que este ano vos asociastes, e iso fala moito e moi ben da nosa comunidade e das ganas de participar e ser parte activa no proceso educativo e socializador das nosas nenas e nenos.
Comezamos o ano cunha pequena sorpresa e vamos darlle uso aos carnés de asociadas: coincidindo co Sorteo Extraordinario do Neno, que se celebrará o vindeiro luns 6 de xaneiro, faremos entrega dun pequeno agasallo a aquela ou aquelas persoas cuxo número de socia coincida coas dúas últimas cifras do primeiro premio.
Por suposto, todas aquelas familias que aínda non vos asociastes ou aínda non renovastes a cota, podedes facelo desde o formulario web antes do día 6 e encargarémonos de incluírvos na listaxe para que tamén poidades participar.
Moita sorte a todas e grazas polo voso apoio!