Para traballar os valores fundamentais da cultura europea, no noso centro aproveitamos a exposición itinerante sobre os Dereitos Universais da Infancia promovida por UNICEF.
A través desta proposta, o alumnado achégase ao coñecemento e á reflexión sobre dereitos básicos como a igualdade, a educación, a protección ou a participación, recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno. Estes principios coinciden cos valores que sustentan o proxecto europeo e que se recollen na Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea.
Esta iniciativa enmárcase, ademais, no noso compromiso co programa Jean Monnet, que promove a educación en cidadanía europea e a difusión dos valores comúns da Unión Europea.
Deste xeito, o alumnado non só coñece os dereitos da infancia, senón que comprende que a construción europea se basea na defensa da dignidade humana, a solidariedade e o respecto polos dereitos humanos, desenvolvendo unha actitude crítica e comprometida coa sociedade.
Financiado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados só comprometen á(s) súa(s) autora(s) ou autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser considerados responsables deles.



