O sábado 24 de maio celebramos a Festa da Primavera 2025 na praia Fluvial de Tapia.
O CEIP de Barouta, en colaboración coas familias, a AFA, as entidades patrocinadoras e o Concello de Ames, preparou unha xornada de xogos e diversión ademáis dunha mesa redonda sobre un tema que está moi de actualidade e que sabemos que preocupa ás familias: o uso da tecnoloxía na infancia.
Contamos nesta mesa con Susana Vales, presidenta da asociación MUDARE e antiga alumna de Barouta, que traballa como Orientadora e mestra. Susana falounos de riscos e pautas máis orientadas ao ámbito educativo e familiar.
Ivan Baliña, psicólogo que forma parte do gabinete CoidadosAmente, contounos os aspectos clínicos do uso a idades temperás dos dispositivos electrónicos e deuneos pautas para evitar posibles problemas.
- Os últimos estudos indican que o uso tecnolóxico precoz como entretemento na infancia afecta ao desenvolvemento e á linguaxe.
- Non saber xestionar o aburrimento é un sinal de excesiva exposición ás pantallas.
- Hai que buscar alternativas á tecnoloxía, polo menos ata os 8 anos. Debuxar, colorear, ler contos, recortar, manualidades, xogar ao pilla,… Todo o que se facía na nosa infancia antes da tecnoloxía.
- O “método” CBC: Cociñar – Bici – Contos. Son momentos para compartir en familia sen pantallas.
O tempo acompañou, e despois da mesa redonda a xornada estivo amenizada con @s Jaloch@s , que nos fixeron bailar e cantar.
Para rematar, como é costume, celebramos a Grande Tómbola, que repartiu unha morea de agasallos entre tódalas persoas asistentes.
Queremos amosar o noso agradecemento a toda a xente e entidades que colaboraron para facer posible a Festa da Primavera.
Referencias: