Despedida Curso 2023-2024 | Romaría fin de curso Barouta

Pasamos unha gran xornada de despedida coas familias na Romaría Fin de Curso 2024.

Alumnado, familias e profesorado vivimos unha mañá de diversión con petisco, música, baile e a visita inesperada de Pepa a Loba.

O roteiro iniciouse coa compañía das familias, e no medio do camiño atopámonos con Pepa a Loba, ou máis ben, atopoeunos ela a nós.

A primeira parada foi o campo de S. Tomé de Ames onde nos esperaba Pepa a Loba que nos contou historias e aventuras da súa vida e onde se uniron ao noso roteiro Os Campantes da Baña.

Arrancamos de novo, en compañía da música dos Campantes da Baña ata a seguinte parada no campo de S. Amaro, para tomar o petisco e onde desfrutamos dun tempo de  música, baile e xogo. E como non, Pepa A Loba, que non para, contounos máis historias e ata nos adicou un curioso poema de despedida.

E chegou o momento de partir de volta ao colexio, e unha vez alí, antes de empezar co xantar, fixemos un pequeno acto co alumnado que deixa Infantil e se incorpora a Primara.

O xantar colaborativo fíxose baixo a Carballeira con toda a comida que as familias foron traendo, e coa posibilidade de tomar un xeado, un aperitivo, un refresco e mesmo un café, grazas á cantina da ANPA… A precios populares!!!

Rematada a comida, Eva e Camilo (o profe de música para o alumnado) amenizaron a sobremesa cun estupendo espectáculo de música galega, no que foi imposible non bailar, aínda co bandullo cheo.

Chegabamos xa case ao remate da xornada, ao momento das despedidas: primeiro a graduación do alumnado de 6º que nos deixa este curso, cunha emotiva despedida onde cada alumna e alumno nos adicou unhas palabras aos alí presentes; e tamén foi o momento da despedida de Emilia, conserxe durante anos do colexio que se xubilou fai uns meses, que quixo asistir á romería e nos adicou unhas verbas.

Para rematar, agora si, a festa Holi, que para quen non o saiba é unha festa con “pos de cores”.

Un día completo e intenso, sen dúbida, no que desfrutamos da natureza, do entorno e da compañía das familias, creando Comunidade e compartindo experiencias do camiño percorrido entre todas e todas este curso que deixamos atrás.

Familias, grazas por asistir! Vémonos na próxima!

Fotos da Romería

Fotos da graduación de 6º

Referencias:

Un comentario en “Despedida Curso 2023-2024 | Romaría fin de curso Barouta”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.