Escoitar artigo (Voz: Uxío) |
Para conmemorar o Día da Muller a e Nena na Ciencia, entre outras actividades de aula, este martes 20 de febreiro tivemos a visita da exposición e obradoiros itinerantes RoteiroMaker.
As alumnas e alumnos de 3º,4º,5º e 6º de primaria asistiron aos obradoiros e ao Maker Space, onde se achegaron a diferentes ferramentas tecnolóxicas.
O 11 de febreiro é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, declarado o 22 de decembro de 2015 pola Asamblea Xeral de Nacións Unidas, para destacar o rol crítico que teñen as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía.
Ver Imaxes
Referencias: