En Barouta celebramos o Día das Matemáticas.
É por iso, que nos ambientes de matemáticas e nas titorías de Infantil e Primaria empezamos a facer varios retos matemáticos que seguiremos realizando esta semana que entra.
Queres enviar o teu reto matemático ao colexio?
Colabora con esta celebración e envía o teu reto. Animámosvos a que o alumnado traia nos seguintes días retos matemáticos para traballar due a semana nas aulas. Calquer nena ou neno pode traer un reto para compartir na aula e facer entre todos e todas. Vai ser divertido intentalo!
Trátase unha vez máis de traballar a creatividade a través das matemáticas, e onde o alumnado sexa o protagonista.
Cando rematemos a celebración, moitos dos retos realizados serán expostos nos corredores e tamén na web.
Cando se celebra o Día das Matemáticas?
O Día das Matemáticas é o 14 de marzo, e ten que ver co número Pi (3,14): o 3 sería o mes de marzo e o 14 o día do mes (14 de marzo). O número Pi é considerado unha linguaxe universal, porque non depende da cultura, idioma, sistema de medición,… é igual en tódolos lados.
En Barouta gústannos as matemáticas.
Celebramos este día porque as matemáticas non só serven para facer contas, senón tamén para pensar, investigar e descubrir. A través de xogos, retos, acertixos e actividades divertidas, o alumnado pode ver que as matemáticas son divertidas e entretidas.
Celebrar o Día das Matemáticas no colexio axuda a que o alumnado perda o “medo” polos números e desenvolvan a súa curiosidade traballando en equipo e resolvendo desafíos. Ademáis, lémbranos que as matemáticas están presentes en tódalas cousas da nosa vida: a música, os deportes, a tecnoloxía, a natureza, …

