Este 3 de decembro celebramos o Día Internacional das persoas con Diversidade Funcional. Este día foi declarado en 1992 pola Asamblea Xeral de Nacións Unidas.
A diversidade funcional é un concepto que afecta a tódolos membros dunha sociedade por igual, pois nalgún ámbito ou momento da nosa vida todas e todos somos persoas dependentes (por exemplo na infancia ou na senectude). Na sociedade existimos persoas con diferentes capacidades e polo tanto temos limitacións en moitos aspectos.
Aquí vos deixamos algúns dos recursos audiovisuais que empregamos no colexio. É un bo momento para compartir o teu tempo e sentarse en familia a velos.
Coñeces algún máis? Comparteos nos comentarios. Grazas.
Cordas
Un coñecido e recoñecido curtometraxe que nos lembra o valor da xenerosidade, a empatía, o amor…
O presente
Un neno que non sae da casa recibe un presente moi particular. O final é inesperado e moi emotivo.
Float
Un curto sobre a aceptación das e dos diferentes na sociedade.
O cazo de Lorenzo
Adaptación do conto co mesmo nome. Unha historia sobre a superación das dificultades.
Os paxaros
Unha reflexión sobre a diversidade e a importancia da inclusión.
Rato en venta
Valores como a tolerancia e o respecto cara aos demais.
Ian
Baseado nunha historia real, traslada unha mensaxe de respecto mutuo e recoñecer o valor da diversidade.