Diagnóstico participativo PLANEA-BAROUTA

*Preme en cada título para desplegar o contido.

PLANEA é unha oportunidade para transformar, para acadar os nosos soños a través da intervención artística partindo das nosas fortalezas e debilidades.

O proceso non é un traballo individual, é un traballo colectivo de toda a comunidade, e por iso tes as portas abertas para participar.

É o teu momento.

Nunha primeira fase temos que facer un mapeto dos soños e necesidades.

Con que colexio soñamos e que precisamos para que se cumpla ese soño?

Queremos facer realidade os nosos soños a través da arte. Qué está pasando no noso centro? Que retos temos? Que cousas xa están funcionando? Que nos gustaría cambiar ou fortalecer?

Propostas de transformación:

  • Soñar os espazos. Que espazos queremos?
  • Soñar  a participación. Como queremos participar nas decisións e funcionamento do centro?
  • Soñar o entorno. Como queremos interactuar co entorno?
  • Soñar o patio. Que patio queremos?
  • Soñar a maneira de ensinar, aprender e compartir... Como queremos aprender?
  • Soñar  a maneira de integrarse, de sentirse seguro e segura, de convivir en igualdade. Como queremos convivir?

#PLANEA

Toda a información está na web actualizada coa etiqueta #planea

E podes subscribirte para non perderte nada: subscribirme

Abaixo tes o botón para facer a enquisa.

Pasade a voz!

Está aberto a toda a comunidade. Calquera que se sinta parte do noso centro, das nosas ideas e forma de ver a educación, pode participar.

* O alumnado presenta as súas propostas en asemblea e son as titorías quen se encargan de recollelas.

Preme no seguinte botón para acceder á enquisa.

Enquisa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.