Seguimos avanzando na organización do tempo de patio.
Despois do que xa levamos andado no referente a espazos, zonas de xogo, xogo simbólico, descanso, etc… queremos dar resposta a unha das maiores demandas que está facendo o alumnado: a organización de xogos e deportes.
Para iso, ademáis de crear unhas quendas de xogo de diferentes deportes no patio exterior, que xa se está facendo, agora tócalle ao patio cuberto (pavillón).
Ofrecemos a seguinte organización, que este mesmo luns empezará a funcionar:
Durante toda a semana, o alumnado disporá dunha ampla e variada oferta de xogos e deportes para desfrutar no tempo de patio.
Esta proposta refírese ao uso do patio exterior e o patio cuberto. Evidentemente hai outras alternativas e espazos no tempo de patio (cabanas, baúl de xogos, zona de area, zona parque, pendello, zona engomada, mesas e bancos de madeira, zona cociñas, zona troncos, rocódromo, estanque, horto,…).
Calquer dúbida que teñades ao respecto podedes solventalas a través das titorías.