ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR | Renovación 2024

Este ano temos renovación do Consello Escolar.  A primeira actuación prevista para a organización das Eleccións é facer o sorteo público para designar as persoas titulares e suplentes da Xunta Electoral.  Este sorteo celebrarase o venres día 18 de outubro ás 9h00 na Sala do Profesorado. A xunta electoral é a encargada de organizar o calendario de actuacións e facer seguimento do proceso das eleccións. Estará formada pola dirección do Centro Educativo, unha mestra/e, unha nai/pai ou titor/a lega e un/ha representante de PAS.

Rematado o sorteo enviaráselle citación ás persoas designadas para constituír a Xunta Electoral o día 24 de outubro de 2024, e publicarase o calendario de actuacións para todo o proceso electoral.

Animámosvos a que vaiades pensando en presentar candidatura para formar parte do Consello Escolar do CEIP de Barouta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.