ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR | Candidaturas Presentadas
Rematada hoxe a 2ª reunión da Xunta Electoral aceptáronse todas as candidaturas presentadas, correspondentes ás seguintes catro persoas:
CANDIDATURAS PRESENTADAS
– Salvador Ros Marín
– Ana Belén Ríos Rodríguez
– Irene Calvo Antelo
– Laura Vázquez Díaz
A partir de agora ábrese un prazo de reclamacións ata o día 13 (incluído) para dar comezo á campaña electoral o día 14 de novembro.
Como publicamos previamente, as eleccións serán o xoves día 21 de novembro. Nese día escolleranse dúas persoas das catro presentadas como candidatas, e formarán parte do Consello Escolar de Centro durante 4 anos.
Máis información e horarios de votación aquí: https://www.ceipdebarouta.gal/calendario-eleccions-consello-escolar/
Así mesmo, nesta 2ª reunión da Xunta Electoral tamén se fixo o sorteo público das persoas que formarán parte da mesa electoral o xoves día 21. Nas próximas horas contactaremos con estas persoas para trasladarlles a notificación.
Animámosvos a votar o xoves día 21 de novembro e agardamos unha alta participación nestas eleccións a representantes de familias no Consello Escolar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.