ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Prezadas familias,

Este xoves temos a posibilidade de elexir 2 novas candidaturas para que formen parte do Consello Escolar do CEIP de Barouta durante os próximos 4 anos. Como moitas de vós sabedes, o Consello Escolar é o órgano de participación no que se toman decisións sobre a xestión do centro. Isto permítenos ás familias participar, propoñer ideas, plantexar proxectos ou propoñer melloras que afecten á calidade educativa das nosas crianzas.

Desde a AFA Barouta, queremos animarvos a que vos acheguedes ao colexio o próximo xoves 21 de novembro a apoiar ás catro candidaturas presentadas:

  • Salvador Ros Marín
  • Ana Belén Ríos Rodríguez
  • Irene Calvo Antelo
  • Laura Vázquez Díaz

As catro deron un paso adiante presentándose formalmente para ocupar o espazo reservado para as familias no Consello e agora tócanos a nós, ás demáis nais, pais, titoras e titores do alumnado mostrarlles o noso apoio e exercer a nosa responsabilidade participando activemente no proceso electoral.

Trae o teu DNI e achégate ao centro nos seguintes horarios:

  • De 9:00 a 9:30
  • De 13:30 a 14:00
  • De 16:00 a 17:30

Haberá representación da xunta directiva da AFA por se tés algunha dúbida ou consulta e, se aínda non poideches asociarte, teremos formularios á vosa disposición.

AGARDÁMOSTE!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.