Empezamos os ensaios con Cris Collazo para o teatro de Nadal 2025 Barouta.

Esta semana xa empezamos os ensaios con Cris Collazo para preparar a obra de teatro do Nadal.

Durante varios días, as nenas e nenos de Barouta de tódolos niveis, van aprender con Cris a amosar o mellor delas e deles para a representación que faremos ante tódalas familas o día 19 de decembro.

Cris preparou unhas dinámicas para facer no espazo teatro e ter unha primeira toma de contacto. Foi todo un éxito: o alumnado participou moi animado e Cris quedou sorprendida de como se expresan.

Así que,  o 19 de decembro imos a desfrutar do feito nestes obradoiros e esperamos contar coa vosa presenza.

Ver Imaxes dos ensaios

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.