Encontro con María Solar
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

Benqueridas familias:

Estamos a piques de pechar un novo curso, e que mellor maneira de facelo que arredor dun bo libro. Este ano despedímonos por todo o alto.

No noso último encontro do Club de Lectura conversaremos sobre “As malas ideas”, unha obra chea de humor, intriga e humanidade que nos dará moito que comentar.

E teremos un luxo engadido:

A autora, María Solar, acompañaranos para conversar sobre a obra, compartir impresións e responder ás nosas curiosidades lectoras.

Unha tarde para gozar da lectura en boa compañía.

Agardámosvos!

📖 As malas ideas, de María Solar

📆26 de maio

17:00 h

📍 Biblioteca do CEIP de Barouta

🪀Haberá servizo de ludoteca gratuíto para as crianzas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.