As socias cuxo carné concordou coas dúas últimas cifras do primeiro premio do Sorteo Extraordinario do Neno recibiron o seu agasallo. Coincidindo coa carreira solidaria “Móvome pola Paz”, fixémoslles entrega dun paquete con xogos, libros e material escolar.
As familias que aínda non vos asociastes podedes facelo de xeito moi sinxelo a través deste formulario. Ademais de facer comunidade e axudar a mellorar a escola das nosas crianzas, as socias da AFA participan nos sorteos da asociación e teñen descontos nestes establecementos.