Benvidas e benvidos á Telentroidada 2024 que celebraremos en Barouta este venres.
O noso equipo de reporteiras e reporteiros van ofrecernos un Entroido moi especial, con noticias de toda índole e… máis cousas. Porque Barouta está “Ao pé da noticia“. Pero coidado coas “Fake news”!
Vémonos o venres 9 ás 12:00 no colexio. Tal como prevé MeteoBarouta o tempo non nos vai acompañar, así que non o celebraremos como habitualmente no campo da horta e trasladámonos á pista polideportiva cuberta.
Lembramos tamén que estará aberto o Bar-Outa, con produtos típicos do Entroido e bebidas a 1€, e a recaudación irá para a excursión do alumnado de 6º.
Referencias: