Benqueridas familias. Estades todas convidadas a facer un percorrido polo “ciclo” do Entroido o próximo venres 28 de febreiro.
“Da troula á cinza”
Nunha xornada de Entroido con teatro, festa, baile e sobremesas, imos facer un percorrido por diferentes celebracións: dende aquelas que marcan o inicio do Entroido ata as que poñen o peche a esta festividade.
Sobremesas
E non hai Entroido que se prece sen sobremesas. Así que convidamos a tódalas familias a a que traiades unha sobremesa típica do Entroido para compartir. Ao final da xornada, teremos un agasallo en colaboración coa AFA para a sobremesa que máis guste.
Vémonos o venres 28 ás 12:00 no colexio. Se o tempo non acompaña celebrarémolo na pista polideportiva cuberta.
Lembramos tamén que estará aberto o Bar-Outa, e a recaudación irá para a excursión do alumnado de 6º.

