| Escoitar artigo (Voz: Noa) |
Este venres 13 de febreiro, ás 12h teremos a habitual celebración do Entroido. Como o tempo parece non acompañar, trasladámonos ao pavillón.
A obra está baseada nun guión escrito por Cris Collazo e leva por título “Teñamos a festa en Paz” relacionando así esta representación co PDI deste curso “Son de Paz”.
Esperamos contar coa vosa presenza para desfrutar un ano máis esta xornada de diversión e troula en familia.
Referencias:

