Entroido 2026
Tempo de lectura: 2 minutos. 

O pasado 13 de febreiro o noso centro encheuse de cor, música e moita ilusión para celebrar o Entroido. Este ano a actriz CRIS COLLAZO elaborou o guión onde se narraban diferentes conflitos que tiñamos que resolver. O alumnado de Educación Infantil foron convertidos en gregos e gregas. Luciron túnicas, coroas de loureiro e complementos que nos fixeron viaxar no tempo.

Dende primeira hora da mañá notábase a emoción no ambiente. O traballo previo realizado nas aulas reflectiuse na creatividade dos disfraces e na ilusión coa que cada participante viviu a xornada.

As primeiras en subir ao escenario

Un dos momentos máis destacados do día foi a representación teatral. O noso grupo foi o primeiro en actuar, abrindo o programa do Entroido cunha obra ambientada no PDI do centro: Son de Paz. Con entusiasmo, demostraron todo o esforzo e preparación das semanas anteriores.

Sobre o escenario non faltaron referencias á mitoloxía, á vida na antiga Grecia e ao seu legado cultural. A interpretación estivo chea de expresión, coordinación e compañeirismo, recibindo os aplausos dun público entregado.

Un Entroido para lembrar

A celebración foi moito máis ca disfraces: foi unha oportunidade para aprender, convivir e compartir momentos especiais. A través da temática elixida, o alumnado puido achegarse á historia e á cultura clásica dun xeito lúdico e participativo.

Sen dúbida, o Entroido deste 13 de febreiro quedará na memoria de todos como unha xornada chea de alegría, creatividade e espírito festivo.

Porque no noso cole, cada celebración é tamén unha oportunidade para aprender… e para gozar xuntas!

ver imaxes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.