Escola aberta e participativa: “As células e o microscopio” [Sandra]

O noso modelo de centro entende a escola como un espazo aberto e de participación de toda a comunidade educativa para acompañar ao alumnado na súa aprendizaxe.

Este luns 29 de xaneiro o alumnado de terceiro de Primaria recibiu a visita de Sandra (mamá dunha alumna de 3º) e foi unha xornada chea de aprendizaxes e emocións! Con ela aprenderon a usar mellor o microscopio e falaron da célula.

Viron a célula máis grande do mundo, o ovo de avestruz, e algunhas moi pequenas (bacterias, protozoos, células humanas da boca…) . Tamén co microscopio viron algunhas larvas, patas de mosca… E ATA UN OSO DE AUGA! Que sorte atopar este animaliño tan resistente e que parece que ata viaxará ao Espacio!

Grazas a Sandra por acompañarnos nas aprendizaxes e polo seu tempo!

Un Oso de Auga, moi difíciles de ver. Tivemos sorte!
Un Oso de Auga, moi difíciles de ver. Tivemos sorte!

Ver Imaxes

Referencias:

E ti? Podes e queres ofrecernos algo interesante para o noso alumnado? Pois aquí che esperamos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.