| Escoitar artigo: (Voz: Gabi e Jenni) |
Ramón é astrónomo e pai dunha nena do noso centro.
Nestas datas quixo compartir con nós unha interesante exposición do “Clube de astronomía VEGA – Compostela“, con imaxes da exposición “25 anos mirando ao ceo” para celebrar os 25 anos do citado clube.
Vennos moi ben tendo en conta que en moitos cursos estamos empezando a traballar xa o tema dos planetas, sistema solar,…
A mostra de astrofotografías, saen dos telescopios, obxectivos e cámaras das socias e socios do Clube VEGA.
Referencias:
O noso modelo de centro entende a escola como un espazo aberto e de participación de toda a comunidade educativa para acompañar ao alumnado na súa aprendizaxe.

![Escola aberta e participativa: astrofotografías, “25 anos mirando ao ceo” [Ramón] Escola aberta e participativa: astrofotografías, “25 anos mirando ao ceo” [Ramón]](https://www.ceipdebarouta.gal/wp-content/uploads/2024/02/Astronomia-fotos-4.jpeg)



