Escola aberta e participativa – Banco de Sementes de Barouta (BSB)

Hai uns días contamos con Sonia, nai de Livia e Eloi que veu falarnos da importancia de ter un banco de sementes.
Contounos das sementes que na súa casa se conservan sen saber dende cando, de como aprendeu de seu avó e seu pai a seleccionar as mellores sementes para gardar. No millo aquelas máis brancas que son os que teñen máis pole propio e está menos mesturado con outras especies.

Un banco de sementes propio e o co maior número de variedades posibles é saudable para o ser humano e para o entorno.Por un lado ter unha gran variedade de sementes do mesmo tipo de froita, verdura ou legumes permite un abano máis amplo de datas para sementar e recoller e por iso teremos durante máis tempo comida máis variada. Ademais cada hortaliza aproveita diferentes nutrientes do terreo e por iso achega diferentes sabores e nutrientes para nós.
Por outro lado comer comida de tempada e proximidade permite comer máis fresco e saboroso e tamén é menos contaminante. A agricultura industrial consume moitos recursos naturais ( auga, terreos…), emprega pesticidas… E ademais produce sementes que non poden gardarse para obrigarnos a seguir mercando e empregando os produtos que esas sementes precisan.

Os bancos de sementes fanse con sementes conservadas durante séculos, a finalidade é que sexan máis resistentes a depredadores e fungos (así precisan de menos tratamentos). Porén na industria o que prima na selección é o tamaño e que sexan doces. A orixe desta sementes está na propia natureza en especies que en Galicia moitas conservan o nome de “bravas” por exemplo a maceira brava, por iso saímos ao monte buscar algunha destas especies e coñecer curiosidades e usos doutras.
Un xeito de ter produto de produción propia durante máis tempo é conservado e para iso tamén Sonia nós contou como conservar en sal, como facer fermentos propios para o pan…
Por todo isto ter un banco de sementes é fundamental e por iso vos animamos a que sigades contribuíndo a que medre o noso banco de sementes. Grazas Sonia por dedicarnos o teu tempo e ensinarnos tanto.

Grazas a todas e todos os que achegastes ás vosas sementes ao BSB

Colabora co BSB

 

Financiado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados só comprometen á(s) súa(s) autora(s) ou autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser considerados responsables deles.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.