| Dispoñible audio da charla con Mercedes. |
Hoxe comezamos os actos relacionados co 25N (Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres).
Este curso, arredor do 25 de Novembro, en Barouta imos seguir afondando no PDI “Son de Paz” traballando sobre as violencias que sofren as mulleres en contextos de guerra, desde a Guerra Civil e o franquismo até as guerras actuais.
Desde as diferentes titorías de Infantil e Primaria reflexionaremos sobre a perda de dereitos que implican e sobre as formas de resistencia e loita pacífica das mulleres. As dúas Marías de Compostela serán un dos fíos condutores desta proposta.
Ao longo das vindeiras semanas iranse compartindo nas bitácoras de aula e na web algunhas das producións e reflexións do alumnado, para que as familias poidades facer o seguimento deste traballo conxunto arredor do 25N.
Proposta 25N Barouta 2025
Contaremos coa colaboración das familias, e hoxe mesmo iniciamos os actos con Mercedes (avoa de Livia e Eloi) que nos contou as súas experiencias relacionadas coa Guerra Civil Española e a posterior dictadura sufrida.
Audio da charla:
Referencias:


![Escola aberta e participativa – Comezamos os actos do 25N 2025 en Barouta [ Mercedes ] Escola aberta e participativa – Comezamos os actos do 25N 2025 en Barouta [ Mercedes ]](https://www.ceipdebarouta.gal/wp-content/uploads/2025/11/25n-avoa-1-3.jpg)








