Hoxe tivemos unha visita moi especial na aula de 1º de Primaria. Diana, inspectora de Policía Local de Santiago de Compostela e tamén nai dun alumno da clase, compartiu co alumnado unha interesante charla sobre o seu traballo.
As nenas e nenos puideron coñecer mellor o uniforme que levaba posto, descubrir para que serven algúns dos seus elementos e aprender a importancia da labor que realizan os e as policías no día a día.
Comprenderon que a súa principal misión é axudar ás persoas, velar pola súa seguridade e contribuír ao benestar da comunidade.
Moitas grazas Diana por dedicar o teu tempo e achegarlles ao alumnado unha profesión tan importante e necesaria. Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos e todas.

![Escola aberta e participativa – “O traballo de policía local” [Diana]. Escola aberta e participativa – “O traballo de policía local” [Diana].](https://www.ceipdebarouta.gal/wp-content/uploads/2026/06/Policia-local-1o.jpeg)