O pasado venres contamos coa visita de Begoña nai de Lara e e súa compañeira Andrea. Elas faláronnos de saúde e hixiene bucodental.
Aprendimos como facer un bo cepillado, que pasta e cepillo empregar, cantos dentes e moas temos en cada etapa da nosa vida, cando cambian as nosas pezas, a importancia dunha alimentación saudable tamén para a nosa boca, como se forma unha carie…
E con toda esta información e un kit estupendo que nos agasallaron xa estamos preparadas e preparados para lucir o noso mellor sorriso.
Se queredes saber tanto coma nós podedes velo na presentación que nos deixaron. Grazas ás 2 pr todo o que aprendemos con vós e polo voso tempo e coidado.

![Escola aberta e participativa – Saúde e hixiene bucodental [Begoña e Andrea] Escola aberta e participativa – Saúde e hixiene bucodental [Begoña e Andrea]](https://www.ceipdebarouta.gal/wp-content/uploads/2025/03/Hixiene-bucodental-4o-202514.jpeg)