Visita moi especial dentro do proxecto Implica 2+
Este trimestre tivemos a sorte de recibir na aula a Lola, avoa dunha alumna de sexto de Primaria, que compartiu con nós as súas experiencias e coñecementos, poñendo en valor a importancia da transmisión do saber entre xeracións. A súa visita permitiunos reflexionar sobre todo o que podemos aprender das persoas maiores e sobre a riqueza que achegan ás nosas vidas e á nosa educación.
Esta actividade forma parte do proxecto Implica 2+, no que colaboramos coa Universidade de Santiago de Compostela, concretamente co grupo de investigación Esculca, para analizar e promover a implicación das familias na educación desde a escola.
Agradecemos a Lola a súa participación e a súa xenerosidade ao compartir os seus recordos, vivencias e aprendizaxes, unha experiencia enriquecedora que reforza os lazos entre a escola, as familias e a comunidade educativa.
Escola aberta e participativa – Visita avoa proxecto Implica 2+



