Escola aberta e participativa: “Xeneral do Ulla” [David].
Escoitar artigo (Voz: Jenni)

Non, non se perderon, as e os Xenerais do Ulla tamén veñen a Barouta. Este martes 6 de febreiro estivo un Xeneral en Barouta!

David, papá de Amalia, estivo amosándonos a vestimenta dunha ou dun Xeneral do Ulla e tamén a dos Correos. E ata tivemos a oportunidade de  vestirnos coa chaqueta e o gorro.

Ademáis, preparounos un Atranque e uns Vivas dos que disfrutamos o alumnado de 1º e 2º na biblioteca do colexio.

Aquí vos deixamos un video:

Ver Imaxes

Referencias:

O noso modelo de centro entende a escola como un espazo aberto e de participación de toda a comunidade educativa para acompañar ao alumnado na súa aprendizaxe.

E ti? Podes e queres ofrecernos algo interesante para o noso alumnado. Pois aquí che esperamos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.