🛎️Prezadas familias!
📢 Xa non queda nada, voltamos coa segunda sesión de formación:
Xoves 28 de maio ás 16:30h
NEURODESENVOLVEMENTO INFANTIL E PANTALLAS: CONSECUENCIAS DA SOBREEXPOSICIÓN
Imparte : SUSANA VALES
Susana é orientadora educativa e mestra de educación primaria con posgrado de Educación Emocional e Benestar pola Universidade de Barcelona, presidentada da asociación pedagóxica MudarE e unha das creadoras do Congreso Parto de Min.
Que nos vén contar?
Estamos preparados como sociedade para acompañar ás nosas criaturas no mundo virtual? Susana proponnos un encontro no que compartir sobre cuestións que nos preocupan da exposición a pantallas na infancia e na adolescencia. Percorreranse os diferentes ámbitos do desenvolvemento e o neurodesenvolvemento sobre os que impacta este consumo dixital nun cerebro en creación, tales coma a linguaxe, a atención, a regulación emocional e a motricidade.
Non perdades esta oportunidade, achegádevos a escoitar, compartir inquedanzas, aprender estratexias e disfrutar dun espazo en comunidade dun xeito diferente!
🎲 Recordade que haberá servizo de ludoteca para crianzas.
Agardámosvos! ☕🥧

