Escola de Familias | AFAcéndonos: 3ª sesión de formación
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

🛎️Prezadas familias!

📢 Aquí temos a terceira e última sesión de formación do presente curso:

Mércores 10 de xuño ás 16:30h

COMUNICACIÓN E LÍMITES POSITIVOS PARA CONSEGUIR DESENVOLVER TODO O POTENCIAL DAS CRIANZAS

Imparte : MERCEDES URBIOLA

Mercedes Urbiola é unha gran apaixoada da educación. Estudiou pedagoxía e formouse como Guía Montessori. Especializouse no desenvolvemento humano e nas dificultades de aprendizaxe. É fundadora e directora de Galicia Montessori e adícase plenamente á educación, á formación de docentes e ao  asesoramento de familias en temas educativos e de crianza. O seu título máis importante é ser nai de catro fillos que foron e son os seus grandes mestres.

Que vamos aprender?

Facer da educación coas túas fillas e fillos no día a día un lugar no que sentir un clima de paz, de armonía e de calma. Atoparemos a forma de mellorar a comunicación coas nosas crianzas e traballaremos a arte de poñer límites. Faremos unha revisión do noso propio estilo de autoridade, revisando os cambios que nos poden axudar a incrementar nas nosas fillas e fillos a súa autonomía, enriquecer a súa autoestima así como expandir todo o seu potencial.

Non perdades esta oportunidade, achegádevos a escoitar, compartir inquedanzas, aprender estratexias e disfrutar dun espazo en comunidade dun xeito diferente!

🎲 Recordade que haberá servizo de ludoteca para crianzas.

Agardámosvos! 🥧

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.