A semana pasada, tivemos a oportunidade de achegarnos ao deporte da esgrima. Todo o alumnado de Primaria, probou como se practica este deporte.
Isto foi posible grazas ao proxecto “Esgrima en Ames” que está a divulgar este deporte por tódolos centros educativos do Concello. A xornada estivo a cargo de Xosé Piñeiro, do clube “Compostela Esgrima“.
O profe Gabi, prestounos as súas clases de E.F. para impartir unhas sesións para todo o alumnado de Primaria.
Moi felices pola oportunidade, o adestrador Xose Piñeiro levou a ESGRIMA a toda a rapazada. A colaboración foi total. Máxima atención e comportamento inmellorable.
Gracias.

![Esgrima en Barouta. [Vídeo] Esgrima en Barouta. [Vídeo]](https://www.ceipdebarouta.gal/wp-content/uploads/2025/11/Esgrima.jpeg)